Gestoría Geyne

Queremos que coñezades un pouco máis dun dos nosos asociados e hoxe é o turno de 𝑮𝒆𝒔𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂 𝑮𝒆𝒚𝒏𝒆, que nace en Santa Comba nos anos 90.

Os dous piares máis importantes desta empresa son o traballo que fai o seu equipo e a
confianza depositada neles polos seus clientes, o que fixo posible que no ano 2022
cambiasen a súa localización, trasladándose ao 𝐧𝐮́𝐦𝐞𝐫𝐨 𝟖 𝐝𝐚 𝐀𝐯𝐝𝐚. 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐧𝐬𝐨 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐚,
no que contan con dous pisos nas súas novas instalacións.

No primeiro deles sitúanse os departamentos fiscal e contable, subvencións e tráfico;
e no segundo os departamento de laboral e seguros.

Dende os seus comezos, esta empresa especializouse en diversas áreas, entre as que
destacamos:
-A 𝐚𝐬𝐞𝐬𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐟𝐢𝐬𝐜𝐚𝐥 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐛𝐥𝐞, xa que en Geyne, o seu traballo principal é dar soporte
a todo tipo de necesidades que poidan ter os seus clientes, axudando a crear a túa empresa ou facilitándoche os trámites burocráticos.
-A 𝐚𝐬𝐞𝐬𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐥, teñen unha ampla experiencia na xestión laboral de empresas e traballadores, tanto para autónomos, PEMES ou grandes empresas, axudando a levara cabo toda a xestión laboral que poidas precisar.
-𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬, realizando a busca, tramitación e xestión de axudas, subvencións e prestacións.
-𝐒𝐞𝐠𝐮𝐫𝐨𝐬, facendo que non te arrisques, para a túa tranquilidade e a da túa familia, Gestoría Geyne encárgase de manter o teu seguro ao día grazas aos seus asesores
comerciais.

Cabe mencionar tamén que no tocante ás 𝐡𝐞𝐫𝐝𝐚𝐧𝐳𝐚𝐬, levan a cabo un asesoramento moi persoal con todos os trámites das concesións hereditarias.

En definitiva, unha 𝒙𝒆𝒔𝒕𝒊𝒐́𝒏 𝒂𝒅𝒎𝒊𝒏𝒊𝒔𝒕𝒓𝒂𝒕𝒊𝒗𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒍𝒆𝒕𝒂, encargándose de todo tipo de
trámites legais necesarios na vida cotiá e empresarial.

Queremos aproveitar a ocasión para felicitalos, xa que onte mesmo estiveron de
aniversario nas súas novas oficinas e agradecerlles a confianza que sempre
depositaron na nosa asociación ó longo de todos estes anos.