Guillermina Kids

Hoxe falamos dunha empresa que, aínda que é de recente apertura no noso concello, xa ten detrás uns cantos anos de antecesores en canto a tenda de moda se refire.
Falamos de Guillermina Kids, empresa familiar con máis de 40 anos de historia, xa que comezaron os pais de Alberto cunha tenda de moda en Camelle, despois seu irmán con dúas tendas, unha en Ponte de Porto e outra en Fisterra e agora, Alberto e Noelia con Guillermina Kids, da cal abriron primeiro en Ponde do Porto e posteriormente, en Santa Comba.
En Guillermina poderás atopar as últimas tendencias para vestir aos peques da casa, desde bebés ata a adolescencia xa que son expertos en moda infantil e “teen”.
As súas marcas representan unha maneira de ser, moderna e divertida, con deseños actuais e de calidade, e entre elas atoparás primeiras marcas como Tiffosi.
Visítaos no 67 da Avda. Alfonso Molina e descubre a súa colección de verán que ten de todo para que os peques poidan desfrutar do seu estilo coa mellor calidade.
A través das súas redes sociais podes estar ó tanto de todas as novidades e ofertas!