HolaMOBI

Hoxe imos coñecer un pouco máis dunha empresa do noso municipio que cumpriu recentemente 5 anos.

Falamos de HolaMOBI, que é unha tenda de telefonía móbil que traballa coas principais marcas do mercado pero, para os que pensen que só se dedican á telefonía hoxe ímosvos descubrir que fan un montón de cousas máis e contan con gran variedade de produtos!

No tocante á telefonía, ademais dos propios dispositivos tamén dispoñen de tarifas móbil e fibra low cost de operadoras como Pepephone, DIGI, Movistar Prepago, O2, MásMóvil, Vodafone Prepago, Llamaya.

 

Pero cabe mencionar que teñen operador móbil propio coa cobertura movistar, HolaMOBI Operador con máis de 500 abonados na actualidade, con contratación presencial en punto de venta ou vía online https://www2.holamobi.com/movil-contrato.

 

Entre os seus produtos, ademais de smartphones tamén teñen accesorios, tablets, gran variedade de periféricos, consolas, etc.

 

Pero ademais, realizan multitude de servizos: recarga de todas as operadoras nacionais e internacionais, venta de códigos de Amazon, PaySafeCard, Netflix, HBO, NIntendo, Xbox, etc, ou instalación de protectores de pantalla móvil hidroxelHd entre outros.

 

Son punto de entrega de paquetería Amazon HUb e tamén punto de recollida de CTT e Distribuidores Oficiais de Xiaomi España – PPP Store Xiaomi.

 

Como novidade, destacamos que traballan coa fibra galega de “A Tua Xanela” que está despregada por todo o núcleo de Santa Comba e por varios concellos limítrofes.

 

En HolaMOBI atoparás moito máis do que imaxinabas! Telefonía, informática, gaming, pequeno electrodoméstico, periféricos, papelería, ocio…maís de 8.000 artigos a golpe de click! 

 

Visítaos no 21 da Rúa Xosé Ferrero ou na súa tenda online https://www.lacentralinformatica.es/