Comezamos coa promoción de actividades que levaremos a cabo na III Feira de Outono que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro nos interiores e exteriores do Recinto Feiral de Santa Comba.
O domingo día 7, de 12:00 a 13:00 contaremos coa Actuación do grupo de música tradicional galega AXIO MOURO.
Os integrantes da Asociación Xalleira actuarán nos interiores e exteriores (se o tempo o permite) do Recinto Feiral.
Para esta actuación non fará falla reserva.
A Primeira fin de semana de novembro non fagas plans. Esperámoste en Santa Comba.