JOYERÍA ROMAR

No ano 1952 abriu as súas portas Joyería Romar, un negocio familiar que nos seus inicios estaba dedicado a bazar e reloxería e a día de hoxe enfoca a súa actividade principal na xoiería e reloxería.

Durante estes máis de 70 anos, sempre seguiron fieis aos seus principios: unha atención personalizada que trata de ser exquisita e unha aposta firme pola innovación e a tendencia sen renunciar aos clásicos.

En Joyería Romar poderás atopar desde primeiras marcas punteiras en reloxos ata marcas totalmente innovadoras en produtos como smartwatches e outras tendencias totalmente actuais.

Ademais de reloxos e todo tipo de xoias, tamén dispoñen de artigos de regalo e decoración, placas conmemorativas, trofeos, etc.

Os seus anos de experiencia e o bo facer no mundo da xoiería garántenlles unha fiel clientela que os impulsa cada día a seguir evolucionando, buscando sempre ofrecer unha excelente relación calidade prezo, sen deixar nunca de apostar pola calidade, a exclusividade e a atención mimada aos seus clientes.