Lattexa

Na promoción de hoxe falamos dun local que, a pesar da súa recente apertura se converteu nun imprescindible para moitos, tanto para arrancar o día, como para ese café de media mañá que nos recarga as pilas, ou para eses almorzos que se alargan desfrutando dunha boa compañía.

Sen necesidade de dicir moito máis, a maioría saberedes que estamos a falar de 𝐂𝐚𝐟𝐞𝐭𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐋𝐚𝐭𝐭𝐞𝐱𝐚. Ese local no que o olor a café nada máis entrar lle alegra a mañá a calquera, e a atención do seu persoal che fai sentir como na casa desde a primeira vez que entras por esa porta, sabendo de sobra que haberá moitas máis…

Para quen non os coñeza, contámosvos que o Lattexa é unha cafetería especializada en café e almorzos, onde poderás atopar unha gran variedade para todos os gustos, podendo escoller entre doces e salgados e cada un, máis rico que o anterior! Poderás probar toda a carta e non ser capaz de quedarte con un só favorito!

Ademais da súa carta variada, cada mes crean un almorzo en base ó seu café do mes, ese café de orixe diferente que nos ofrecen cada mes no seu afán por darnos a coñecer o gran mundo do café.

Pero as mañás son moi longas, e no Lattexa tamén hai cabida para a hora do vermut, onde ademais dos míticos ben coñecidos por todos, poderás degustar novas propostas non tan coñecidas que irán rotando cada 3 meses.

Un dos seus servizos que tivo unha gran acollida, é a posibilidade de que realices os teus pedidos para levar a través da súa páxina https://lattexa.com/ e só te terás que pasar a recoller o teu pedido!

Se te quedaches con ganas dun café, podes visitalos de luns a venres en horario de 6:00 a 16:00 e as fins de semana de 08:30 a 15:00.