Lavandería Frescor

Hoxe na nosa promoción de socios falamos de Lavandería Frescor, empresa situada no número 20 da Avda. Brasil que abriu as súas portas 1 de Febreiro do 2020, xusto 6 semanas antes do confinamento pola COVID-19; época durante a cal doaron o seu servizo de limpeza para o lavado e desinfección gratuíta das mascarillas que por aquel entón as costureiras da contorna confeccionaban nos seus fogares.

En Lavandería Frescor atoparás o mellor espazo para poder lavar a túa roupa de maneira rápida e de calidade, xa que no seu local dispoñen de todo o preciso para a túa colada! Catro lavadoras e catro secadoras, zona de dobrado e tamén zona de espera con tv e wifi, zona infantil e máquinas de cambio e café.

No relativo ó lavado, dispoñen de lavadoras de 12 e 16 kg, e dúas de 20 kg e contan con programas especiais de lavado para edredóns e mantas, toallas, roupa de deporte e lavados sen suavizante e antigrasa. En canto ás secadoras, teñen dúas de 15kg e outras dúas de 20.

Utilizan só produtos (deterxentes, suavizantes…) de alta calidade para un bo servizo e para unha boa colada, como os seus clientes merecen, ós cales queren aproveitar esta ocasión para agradecerlles a súa confianza.

Un aspecto que destacamos, e que de seguro moitos descoñecedes é que a raíz da pandemia ampliaron os seus servizos co servizo de colada a domicilio para particulares e empresas. Este servizo consiste na recollida e entrega da colada en 24/48h e inclúe lavado, secado e dobrado da roupa.
Podedes contactar con eles a través dos seus teléfonos 622.591.521 e 660.399.861 ou tamén a través da súa páxina web www.frescorsantacomba.es na que ademais podedes ver con detalle as súas tarifas e servizos.

O seu horario é de 8 da mañá a 11 da noite de luns a domingo, os 365 días do ano!