Lúa moda
- Hoxe falamos dunha empresa, que aínda que non se atopa no noso municipio, leva máis de 10 anos formando parte da nosa Asociación, e que moitos de vós coñeceredes pola súa presenza nas nosas feiras.
Falamos de Lúa Moda e Complementos, unha pequena tenda multimarca ubicada en Negreira que aínda que leva varios anos aberta, Victoria, a súa actual dona lévao sendo desde o 2010 que se puxo ó seu fronte, acompañada en ocasións por Carolina, a súa empregada e compañeira para a que só ten boas palabras.
En Lúa Moda traballan con primeiras marcas como Desigual, Montoto, Lola Casademunt, Bikatelier, Rossomenta Firenze, Andam ou Amichi entre outras. Pero non só se dedican á roupa, senón que tamén contan cunha ampla variedade de complementos como bolsos, calzado, bisutería, etc das marcas xa mencionadas ou doutras como Don Algodón, Fun&Basics, Tantrend Bijoux, etc.
Victoria é unha apaixonada do seu traballo e do mundo da moda, polo que se desplaza moi a miúdo a Feiras de Moda para traer sempre as últimas novidades.
Gústalle traballar como comercio de proximidade pero ainda así, non podemos obviar que as novas tecnocoloxías veñen pisando forte, polo que a poderedes atopar moi activa en redes sociais onde vos amosará as súas últimas novidades e tamén vos facilitará a opción de realizar envíos se así o precisades.
Deixámosvos o enlace ás súas redes para que poidades botar un vistazo e coñecer un pouco mellor a súa tenda: