Mans artesáns
Xa está aquí un novo xoves para coñecer mellor a un dos nosos socios pero, aínda que cambiamos de sector, a cara que atopamos detrás da empresa de hoxe é a mesma da nosa última publicación.
Nesta ocasión falamos de 𝐌𝐚𝐧𝐬 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚́𝐧𝐬, que é unha empresa local de artesanía que traballa a través das redes e da súa web (www.mansartesans.com).
Cristina é a formiguiña detrás desta marca, que non só fai traballos personalizados de scrap por encargo para regalos e eventos, como libros de firmas, álbums, invitacións, árbores de pegadas dixitais, etc. senón que tamén, conta con tenda online de produtos de manualidades e scrapbooking e imparte cursos tanto presenciais como online.
Aínda que Cristina sempre foi unha amante das manualidades e das cousas feitas a man, este proxecto tomou forma en 2018, compaxinado co seu outro traballo como psicóloga e xerente de “𝑷𝑺𝑰. 𝑻𝒆𝒓𝒂𝒑𝒊𝒂, 𝑭𝒐𝒓𝒎𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝑻𝒆𝒎𝒑𝒐 𝑳𝒊𝒃𝒓𝒆”.
Podedes contactar con ela a través do teléfono 690 202 793 ou da súa web, e aínda que aquí vos deixamos unha pequena mostra do que esas “mans artesáns” poden chegar a facer, podedes botarlle un ollo ás súas redes sociais para atopar moitas máis bonituras!