Mantido SL

Como cada martes, toca saber un pouco máis dun dos nosos asociados e hoxe é o turno de 𝐌𝐚𝐧𝐭𝐢𝐝𝐨, 𝐒.𝐋.

Empresa familiar fundada en Camariñas con máis de 50 anos de experiencia no sector da construción, concretamente en obra pública e civil. Dende os seus comezos, con 𝑷𝒆𝒑𝒆 𝑶 𝑴𝒂𝒏𝒕𝒊𝒅𝒐 ao fronte, ata a actualidade, conseguiron atesourar unha ampla traxectoria en proxectos por toda a provincia de A Coruña.

Actualmente todas as súas instalacións teñen base en Santa Comba, por ser un punto céntrico respecto dos case trinta concellos nos que traballan.

Esta empresa dispón dun amplo parque de maquinaria e dun sólido equipo de profesionais que lle permite acatar diferentes tipoloxías de obras, especialmente de escavacións e movementos de terras, obras hidráulicas de abastecemento e saneamento, pavimentacións con diversos tipos de revestimentos, e vías e pistas.

Mantido, S.L. dispón da certificación de calidade ISO 9001:2015 que lle acredita a excelencia nos traballos mencionados anteriormente.

Unha das obras destacadas e máis recentes no Concello de Santa Comba foi a execución da senda peonil que une Santa Cataliña co lugar de A Ponte, promovida pola Xunta de Galicia.