MÁRMOLES SANTA COMBA

Empresa familiar ubicada na Avenida Brasil que leva formando parte da Asociación de Empresarios dende o ano 2001 e que conta con mais de 30 anos de experiencia no seu sector.

Dedicados a todos os traballos relacionados co mármore e o granito, pero que  tamén traballan con outros materiais máis actuais e non tan coñecidos ata agora como poden ser o Silestone, Compac, Inalco e Neolith entre outros. 

Entre os seus traballos, no relativo a vivendas e edificios cabe mencionar que poderíamos contar con eles tanto no ámbito exterior (fachadas, fiestras, balaustres, porches, muros,  etc.) coma no interior, xa que tamén realizan encimeiras de cociña, baños e todo o necesario para a túa obra ou reforma. 

Outra das súas labores que queremos destacar son os traballos de cemiterio, nos que nos asesorarán dende un  trato familiar nos momentos máis delicados.

Aproveitamos para agradecer a Mármoles Santa Comba a confianza depositada na nosa Asociación ó longo de todos estes anos.