MASTERCLASS ELABORACIÓN de PINCHOS RETIRO DA COSTIÑA
Por medio da presente, enviamos información aos nosos asociados do curso de formación que levaremos a cabo os días 5 e 6 de abril, en horario de 18:00 a 21:00 h. no Retiro da Costiña.
Para a celebración de dito curso contaremos co Chef Manuel García, xerente do Restaurante Retiro da Costiña, que conta cunha Estrela Michelín e numerosos premios nacionais e internacionais.
Por medio da seguinte formación, intentaremos que os nosos asociados descubran os segredos da cociña moderna que se promociona dende o Retiro da Costiña.
- Días, 5 e 6 de abril de 2021 (18:00 a 21:00 h.) O curso inclúe as dúas sesións.
- 16 prazas.
- Prezo para socios 50€ e para non socios 150 €.
Para as empresas asociadas a formación abonarase xunto co recibo de pago da mensualidade de abril.
- No caso de reservar praza e non asistir á formación, sen xustificación ou aviso previo, non se devolverá a cota, salvo que se cubran tódalas prazas.
Preferencia de prazas:
- Locais hostaleiros asociados. (unha persoa por local e non caso de quedar prazas vacantes.poderá asistir máis persoas.
- Resto de empresas asociadas.
- Empresas non asociadas.
Como reservar a túa praza?
As prazas para a Masterclass de elaboración de pinchos, deberán de reservarse exclusivamente no mail correo@empresariosdesantacomba.com , con data límite mércores 31 de marzo.
No correo deberá de indicarse o nome, apelidos e dni do participante, e no caso de ser asociado deberá indicarse o nome da empresa.
É obrigatorio o uso de mascarilla en todo momento.