Dende o 22 ata o 31 de agosto, mercando nas empresas asociadas, as cales disporán dun cartel identificativo na cristalera do seu negocio, optarás a unhas vacacións en Gran Canaria.
Con cada compra , de maneira gratuíta e ata o remate das rifas, optarás á viaxe que poderás canxear ata o 31 de agosto do 2023.
Fai as túas compras nos comercios xalleiros e garda moi ben a túa rifa.
O día 1 de setembro saberemos o gañador ou gañadora cuxa rifa que deberá de coincidir coas catro últimas cifras do sorteo da Once.