Mercar no comercio de SANTA COMBA ten premio

Campaña dinamizadora e de promoción do comercio local, organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración da nosa entidade.

Lembra gardar os teus tickets de compra no comercio local por importe igual ou superior a 10€ realizados entre o 17 e o 24 de outubro.

E así poder participar no sorteo en directo que se celebrará o luns, 24 de outubro, ás 13.30 horas na rúa Miraflores fronte á Casa de Cultura.

O luns 24 instalarase unha carpa diante da Casa de Cultura, na que hai que canxear os tickets de compra por boletos, entre as 10:00 e as 13:00h. no que se sorteará 1.000€ en premios, repartidos en 8 tarxetas prepago por importe de 50 euros cada unha delas, e 20 tarxetas prepago por importe de 30 euros cada unha delas.

Son tarxetas emitidas pola entidade financieira Abanca, e que os premiados poderán gastar no comercio local, ata o 28 de Febreiro do 2023.

O sorteo será presencial e en directo polo que hai que estar presente para poder recibir o premio.

Apoiemos o comercio local

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *