Mercaxallas
1 min read
Na noite de onte realizamos a presentación do centro comercial en liña para os sectores das asesorías e xestorías, avogacía, procuradores, aseguradoras, clínicas dentais e veterinarias, publicidade e informática, ferreterías e recambios, droguerías, loterías, peluquería e estética, librerías e papelerías, fotografía e telefonía, climatización.
Na xuntanza, o encargado da plataforma, marcou as directrices para que os comercios se deran de alta e comecen a facer probas en relación aos contidos e outros elementos básicos.
O vindeiro xoves día 17 de febreiro ás 21:00h convocamos a última das presentacións internas, dirixida á Hostelería, talleres, ganadería, transportes e resto de sectores que non poideron acudir á xuntanza correspondente.
Como mencionamos na xuntanza de onte, mercaxallas.com é un proxecto a medio prazo, co cal a formación previa á operatibilidade completa da plataforma será crucial.