Continuamos coas presentacións, por sectores, do Centro Comercial online MERCAXALLAS.
O vindeiro XOVES 17 de FEBREIRO convocamos ás empresas asociadas dos sectores de hostelería, trasportes, talleres, automoción, gandería e resto de sectores que non acudiron a súa convocatoria.
A presentación será nas oficinas da asociación de empresarios ás 21;00 horas.
As empresas deberán de confirmar asistencia enviando unha mensaxe ao contacto: 633181817.
Ao rematar a breve presentación, o encargado da plataforma dará as directrices para darse de alta no Centro comercial, co cal será imprescindible portar un dispositivo móbil, tablet ou ordenador portátil.
Unha vez rematadas as presentacións internas por sectores comezaremos coa formación para estar totalmente operativos nos vindeiros meses.