Centro comercial online www.mercaxallas.com.
Comezamos coas presentacións, por sectores, do Centro Comercial online MERCAXALLAS.
O vindeiro XOVES 27 de XANEIRO convocamos ás empresas asociadas dos sectores de moda, complementos, roupa e calzado.
A presentación será nas oficinas da asociación de empresarios ás 21;00 horas.
As empresas deberán de confirmar asistencia enviando unha mensaxe ao contacto: 633181817.
Ao rematar a breve presentación, o encargado da plataforma dará as directrices para darse de alta no Centro comercial, co cal será imprescindible portar un dispositivo móbil, tablet ou ordenador portátil.