Motos López

No noso afán porque vaiades coñecendo mellor a cada un dos nosos asociados, hoxe é o turno de Motos López, ao que aproveitamos para agradecer a confianza depositada na nosa Asociación da que levan máis de dúas décadas formando parte.

Motos López é unha empresa familiar fundada alá polo ano 1956 e ubicada no número 14 da Avda. de Santiago.

Con Ricardo ó seu frente, garantizándonos anos de experiencia e un gran coñecemento do sector, a súa actividade principal é a venda e reparación de motos, bicicletas e quads.

Entre os seus productos tamén poderás atopar unha gran variedade de maquinaria de xardinería (cortacéspedes, recortadores de setos, desbrozadoras, pulverizadores, etc.) para os que contan ademais con todo tipo de recambios e accesorios.

Cabe destacar que traballan con primeiras marcas como Ducati ou Husqvarna pero quen avala realmente a súa dedicación e traballo é a sua clientela que leva contando con eles ano tras ano, durante os máis de 60 cos que conta a empresa.