NADAL 2017

 

Este ano o lema da Campaña de Nadal é “NO NADAL ELIXE O COMERCIO LOCAL”

Coa finalidade de que os establecementos comerciais de Santa Comba aumenten as vendas e polo tanto a nosa Asociación pon en marcha esta Campaña para incentivar as vendas e promocionar o noso pobo nas redes.

Os socios repartirán de balde rifas aos seus clientes para o sorteo do día 8 de xaneiro, no que poderán gañar un fabuloso escaparate de productos e servizos doados por algúns socios, escaparate valorado en 3.000 €.

Así mesmo contaremos para os máis pequenos con Obradoiros de Nadal.

Bo Nadal e felices festas aos nosos socios e amigos.

   

BASES DA CAMPAÑA DE NADAL 2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *