Óptica Xallas
Esta semana non nos movemos da Rúa Pontevedra pero desta volta baixamos ata o número 17 para falarvos de Óptica Xallas, empresa fundada no ano 1986 que desde o 2000 conta con Sergio ós seus mandos, óptico con máis de 25 anos de experiencia.
En Óptica Xallas poderás atopar múltiples servicios á túa disposición, como a graduación gratis, un mantemento periódico ou un completo asesoramento en monturas e tipos de cristais (monofocais, progresivos, con filtros especiais para dispositivos electrónicos, etc.) para atopar as gafas que mellor se adecuen ás tuas faccións e necesidades visuais.
Contan con variedade de marcas como Carrera, Carolina Herrera, Missoni, Tommy Hilfiger, Tous ou Polaroid entre outras. Dispoñendo en todas elas de diferentes modelos de gafas de sol.
Ademais de todo o relacionado con gafas, tamén te asesorarán no relativo a lentillas e gafas de lectura.
Un aspecto a destacar que quizais moitos descoñecíades é que ademais de óptico, tamén son centro auditivo, ofrecendo a posibilidade de valorar a túa pérdida auditiva contando ademais con diferentes audífonos adaptados ás características particulares de cada un.
Desde Óptica Xallas estarán sempre dispostos a un asesoramento completo, onde o seu principal obxectivo é que as necesidades e dúbidas de cada caso particular queden resoltas, dende a confianza que aportan os seus máis de 25 anos de experiencia no sector.