Pastelería La Estrella
É día de que coñezades un pouco mellor a un dos nosos socios e hoxe, se nolo permitides, imos endulzarvos un pouquiño a mañá…
Son xa máis de 30 anos os que leva a Pastelería La Estrella instalada na Avda. Alfonso Molina e case un dende que Maricarmen Pombo quedara ó seu frente.
Máis de 3 décadas endulzando a vida dos veciños de Santa Comba e dos concellos cercanos. Dedicada á elaboración diaria dunha ampla oferta de produtos de bollería, pasteis, tartas, empanadas e todo tipo de doces; a maioría deles elaborados de maneira artesanal no seu obrador, coa calidade como máxima preocupación.
Destacamos tamén que teñen á venda gran variedade de bombóns, golosinas e como non auténtico pan artesán xalleiro. Traballan día a día coa ilusión de que a súa fiel clientela poida disfrutar de doces momentos tanto en datas sinaladas: nadal, entroido, pascua, festividades locais coma nos distintos eventos que cada familia celebra ó longo do ano.
Ademais dos seus xa ben coñecidos por todos selva negra e milfollas, no último ano as elaboracións que contan con maior aceptación son as tartas de queixo ao forno, as roscas e roscóns e a súa incombustible larpeira.
Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, acompañamos este texto con unas fotos, non recomendadas se aínda non tomaches o café de media mañá ou se xa estás pensando na hora do postre porque esas tartas de queixo falan por sí soas.
Dende a Asociación de Empresarios agradecemos a Pastelería La Estrella todos os anos que levan confiando en nós e esperamos que continúen moitos máis endulzando a vida dos veciños de Santa Comba!