Pazos Garden
Nesta nosa terra sabemos que non hai produto coma o da casa, o que un mesmo cultiva e ve medrar, o que sabes o que leva de comezo a fin pero, tamén sabemos que o noso inverno é moi longo e que, para poder levar a cabo esta labor é importante ter á man profesionais que nos axuden no proceso, facilitándonos as cousas por medio do seu traballo.
Por iso, hoxe imos falar de 𝐏𝐚𝐳𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐫𝐝𝐞𝐧, especialistas en invernadoiros.
En Pazos Garden son especialistas na fabricación de invernadoiros para que poidas desfrutar da túa propia produción de froitas, verduras e hortalizas. Dispoñen de invernadoiros con medidas desde os 3.5 ata os 5 metros de ancho e lonxitudes adaptadas ás túas necesidades.
Controlan todo o proceso desde o inicio, seleccionando os materiais (estruturas de aceiro galvanizado, cubertas de plástico tricapa, etc.) e desenrolando o proxecto do teu invernadoiro a medida. O deseño da estrutura dos seus invernadoiros permite unha maior superficie aproveitable debido ás paredes rectas, co que conseguen levar o cultivo ata o borde do terreo dispoñible e aproveitar ao máximo o espacio.
Ademais, co seu sistema de rego por goteo automático, mallas antixerminación e artigos relacionados co cultivo aforrarás tempo e aseguraraste de que as túas plantas estean ben coidadas.
Podemos dicir que dispoñen de todo o necesario para sacar o maior rendemento ás túas plantacións en case calquera época do ano. As vantaxes de dispoñer do teu propio invernadoiro son claras, o autocultivo permitirache desfrutar dun produto natural e de maior calidade.
Se queres saber máis, visita a súa páxina web www.pazosgarden.es ou ponte en contacto con eles a través do teléfono 𝟔𝟏𝟗 𝟓𝟕𝟔 𝟑𝟗𝟔