PELUQUERÍA NATALIA
Natalia Garabal, apaixonada perruqueira desde os seus comezos, decidiu no ano 2007 poñerse á fronte do seu propio negocio en Vilar de Céltigos.
En Peluquería Natalia ofrece aos seus clientes unha ampla variedade de servizos de perruquería, sobre os que te asesorará para saber o que mais che convén ou o que precisa o teu tipo de pelo e nos que sempre está ó tanto das últimas novidades do sector (alisados, hidratacións, método curly, entre outros).
O seu obxectivo é que saias da perruquería lucindo unha melena sa, coidada e brillante e, para logralo, ademais de cos seus anos de experiencia, conta con produtos de primeira calidade.
Na súa perruquería preocuparase por coidar de ti e da túa imaxe, por iso, ademais de todos os seus servizos de perruquería realiza tamén servizos e tratamentos de estética.
Co fin de lograr a máxima satisfacción dos seus clientes, sempre te asesorará e tratará de forma amable e cercana; incluso se estás indecisa e non sabes con qué color ou corte te verás mellor, non dubides en consultarlle.
Estamos seguros de que conseguirá un resultado que cumpra por completo coas túas expectativas.
Ponte nas suas mans e Natalia coidará de ti!