Pisotones

Como cada martes é día de darvos a coñecer un pouco máis a un dos nosos asociados, e hoxe falamos dunha empresa que ten a clientela máis esixente, os nosos pequenos! E que se encargará de acompañalos en cada paso que dean…

Falamos de Pisotones, empresa especializada en calzado infantil e xuvenil que abriu as súas portas no ano 2008, sendo a primeira tenda da nosa comarca adicada en exclusiva a este tipo de calzado. De feito, aproveitamos a ocasión para felicitalos, xa que mañá, mércores 1 de marzo, fai exactamente 15 anos que abriron as súas portas por primeira vez.

O seu obxectivo principal é satisfacer as necesidades dos máis pequenos da casa, desde o nacemento ata a adolescencia, para o cal contan con tallas que van desde a 16 ata a 41.

As súas prioridades son a calidade e a comodidade, para o que contan con primeiras marcas tanto nacionais como internacionais de gran recoñecemento, como son Attipas, Biomecanics, Converse, Dr Martens, Garvalín, Igor, Primigi, Reebok, Superfit ou Timberland entre outras.

Ademais de calidade, en Pisotones atoparedes unha gran variedade de modelos e sempre estarán dispostos a aconsellarvos ante calquera dúbida, desde a experiencia que os avala.

Podedes visitalos na Rúa Pontevedra Nº15 baixo, pero tamén estar ó tanto de todas as novidades a través das súas redes sociais Facebook e Instagram.

E como as novas tecnoloxías veñen pisando forte, dispoñen de páxina web propia con tenda online, https://www.pisotoneszapateria.com/ ou  https://www.pisotoneszapateria.es/