Premios campaña de Días Azuis
Estamos de noraboa!
Despois de participar na Campaña de Días Azuis, promovida pola Xunta de Galicia por medio da Federación Gallega de Comercio, e despois do sorteo ante notario, comentar que un dos 64 premios recaeu en Santa Comba.
A afortunada foi María Allo Parajó que consegue unha tarxeta regalo de 150 euros e o establecemento no cal se reparteu o premio foi a empresa Asociada Electroxallas.
Dar a noraboa a Electroxallas e María Allo Parajó e agradecer á Xunta de Galicia e Federación Galega de Comercio por contar coa Asociación empresarios de Santa Comba en tódalas campañas de dinamización e incentivación de compras no comercio de proximidade.
Seguimos.
Empresarios de Santa Comba