A Asociación de Empresarios de Santa Comba nace en 1996, a raíz dunha inquietude do sector por defender os intereses comúns e dotarse dunha infraestructura que lle permita realizar proxectos que individualmente sería imposible conquerir, pero sofre un parón axeno ás inquedanzas dos empresarios; é no 2001 cando surxe para renacer de novo con moita máis forza a máns de D. Eugenio Pichel López.
Seguido dende o ano 2007 D. Antonio Landeira Gallardo, no ano 2010 D. Oliver Silvariño Pose, no ano 2016 Dª Teresa Castro Rodríguez, do ano 2020 ao 2022 D. Alberto Romar Landeira e actualmente D. Diego Vilas Boga elexido Presidente na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 18 de novembro de 2022.
No 2021 a entidade cumpriu 25 anos de traxectoria, que avalan o seu bo facer e constante traballo pola defensa do tecido empresarial de Santa Comba, así como en beneficio das empresas asociadas que ademáis de promocionar tódolos sectores, apoian ás mesmas asinando convenios de colaboración para unha mellora nos servizos ou venda de produtos.
Na actualidade está formada por 215 empresas asociadas que dan traballo a unhas mil oitocentas persoas do concello de Santa Comba e lindantes.
Ao longo destes anos leva realizando innumerables actuacións de formación e colaboración coa administración na información dos empresarios sobre os distintos aspectos que lle interesan ao sector e na promoción da mesma.
Salientar as actividades que co paso do tempo van collendo moita máis forza, como é no caso da celebración das Feiras, da Primavera e de Outono, as Rutas de Tapas, o Venres Negro e as campañas de Nadal.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba está asociada á Asociación Terras de Compostela coas que colabora nas súas distintas actividades formativas e informativas e na Federación de Empresarios da Costa da Morte – FECOM.
Na actualidade conta cunhas oficinas en alugueiro en Santa Comba na rúa Pontevedra entrechán número 9 de luns a venres en horario de 09:30 a 15:00 horas.