Procuradora M Fernández Serrano

Hoxe entramos nun sector, quizais descoñecido por moitos, do que imos aprender un pouco máis da man da socia que hoxe promocionamos.
Falamos da 𝒑𝒓𝒐𝒄𝒖𝒓𝒂𝒅𝒐𝒓𝒂 𝑴𝒂𝒓𝒊́𝒂 𝑭. 𝑺𝒆𝒓𝒓𝒂𝒏𝒐, que leva desde o ano 2020 formando parte da nosa asociación, e desde o 2012 con despacho en Santa Comba, onde comezou a exercer como procuradora no Xulgado de Negreira.
Debido ao traballo serio, discreto e á boa acollida entre os compañeiros avogados da zona, comezou a ampliar os seus servizos a xulgados como Muros, Corcubión, Ordes ou Carballo, ademais dos de Santiago e A Coruña onde están as sedes da Audiencia Provincial e o TSXG.

Actualmente, desenvolve a súa actividade neste ámbito desde o Colexio de Procuradores da Coruña, onde ofrece os seus servizos de representación, asesoramento e tramitación en procedementos xudiciais tanto a empresas como a avogados.

Cando un particular ou unha empresa acode a un avogado por unha cuestión legal que remata no Xulgado, aparece a figura do 𝐏𝐫𝐨𝐜𝐮𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫 𝐝𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐢𝐛𝐮𝐧𝐚𝐢𝐬. Unha Procuradora dos Tribunais é un licenciada en Dereito, á que o Ministerio de Xustiza habilita, para que faga de ponte entre o avogado, o cliente e o xulgado, ostentando a representación procesal dos seus clientes ante os Xulgados e Tribunais, facilitando a labor do avogado e do Tribunal.

A diferenza do avogado, que brinda asesoramento legal e presenta argumentos nos tribunais, 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐮𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫 𝐞𝐧𝐟𝐨́𝐜𝐚𝐬𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐚𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐬𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐧𝐢𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐨𝐬. A súa función abarca desde a presentación de documentos ata a comunicación directa co tribunal e as partes involucradas.
O seu traballo é tan importante como o do avogado, debido a que son determinantes o cumprimento de prazos e a notificación a todas as partes implicadas en cada paso; non facelo ben supón en moitos casos a perda do dereito para reclamar ou a defenderse.

Asumen a representación de persoas cuxos medios económicos non lles permiten asumir os gastos do proceso, 𝐗𝐮𝐬𝐭𝐢𝐳𝐚 𝐆𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢́𝐭𝐚 que vai con cargo aos orzamentos do Estado.

Agardamos que aprenderades un pouco máis desta figura do procurador. E se queres seguir informándote, deixamos o enlace á súa web onde poderás atopar máis información: www.serranoprocuradoracoruna.com