Raso Asesores
Hoxe contámosvos un pouquiño mais sobre Raso Asesores, empresa de longa traxectoria no sector da asesoría que leva formando parte da nosa Asociación dende o ano 2001.
Raso é unha empresa familiar constituida no ano 1980, dende o que levan traballando ininterrumpidamente no noso pobo. Dedicada a labores de xestoría e asesoría, a todo o relacionado con seguros e que contan tamén con servizo de axencia de viaxes.
A súa ampla experiencia e a confianza que depositan neles os seus clientes son os seus grandes pilares.
Dende Raso Asesores ofrecerán en cada caso, a solución máis ventaxosa adecuada ás nosas necesidades. Estudan en profundidade cada demanda, cotexando as diferentes opcións para ofrecer sempre as mellores condicións adaptadas a cada cliente.
O trato personalizado e preferente para cada persoa é a súa seña distintiva e o que lles permite conservar a fidelidade da súa clientela.
Proba disto é que dende o ano 2010, son empresa reconocida co certificado de excelencia da compañía Allianz.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a Raso Asesores a confianza depositada na nosa Asociación ó longo de todos estes anos.