Ortopedia do Xallas

Hoxe, na nosa promoción de socios, entramos nun sector quizais descoñecido por moitos, pero dunha gran importancia, xa que nos pode axudar a tratar moitas doenzas e afeccións derivadas tanto de enfermedades coma de lesións.

Falamos da ortopedia, especialidade que involucra o tratamento do sistema músculo-esquelético, o que inclúe os ósos, tendóns, músculos, etc. E imos falarvos de Suministros de Ortopedia do Xallas, que contan con máis de 10 anos de experiencia no sector de axuda a persoas.

Poñen á vosa disposición tanto mobiliario como axudas técnicas para o fogar, tanto en venda como en alquiler. Dispoñen así de camas articuladas, colchóns, sillóns relax, mesas auxiliares e todo o necesario para o descanso. Artigos antiescaras como coxíns ou colchóns de aire, para que ese descanso sexa saudable. Para facilitar a mobilidade, podedes encontrar dende muletas bastóns ou andadores ata cadeiras de rodas de diferentes modelos e medidas.

Se o que vos fai falta son axudas para a hixiene e o baño, podedes atopar banquetas de baño, sillas con inodoro ou lavacabezas para xente encamada.

Todo o preciso para adaptarse a cada situación particular e mellorar a calidade de vida das persoas. Gran variedade de orteses como faixas, tobilleras ou rodilleras. Sección de parafarmacia e material de enfermería.

E se necesitades algún gorro ou sombreiro con protección solar, tamén os teñen, para xente en tratamento de quimioterapia.
En Suministros de Ortopedia do Xallas, atoparedes calzado de gran calidade e comodidade, para señora e cabaleiro, nas mellores marcas e modelos.

Tamén disponen de vestiario laboral, batas, pixamas de traballo e calzado profesional tanto cerrado como zocos, en multitude de marcas, prezos e modelos.

Non dubides en pedir asesoramento para resolver calquera dúbida, adaptado ás necesidades concretas de cada situación.
Asesoran e instalan axudas técnicas no fogar.

Podes atopalas na Avda. Alfonso Molina 91 ou contactar nos tlfs 981881472 – 604447365.