Restaurante Tío Paco
Hoxe é martes, pero non un martes calquera…é martes de Entroido! E como celebramos os galegos o entroido ademais de disfrazándonos? Comendo!
E hoxe imos falarvos dun bo sitio para facelo, no que nesta época poderedes degustar o seu espectacular cocido acompañado dunhas filloas. Falamos do Restaurante Tío Paco.
A súa historia remóntase ao ano 1994, no que Divina e Paco chegaron dende Madrid para poder traballar no seu pobo natal. Inicialmente abriron o mesón Tío Paco, con una tenda de ultramarinos pero ó longo dos anos foron prosperando e finalmente mudaron o negocio á ubicación actual, onde levan traballando dende o ano 2002.
Empresa familiar, con oferta de comida caseira onde a estrela é o cocido galego e a carne á brasa. Contan con menú do día tanto semanal como de fin de semana, ademáis do seu servizo de carta.
No tocante ás instalacións, dispoñen dun salón principal con capacidade para 180 comensais, pero tamén contan cun salón privado para as comidas máis persoais.
Podedes atopalos no lugar de As Travesas, en Santa Comba.