Sorteo de 3.000 € repartidos en 30 premios de 100 €, realizado nas nosas oficinas.
Entrega de premios do VII CONCURSO DE ESCAPARATES Nadal 2013, organizado
conxuntamente co Concello de Santa Comba.
1º Premio – Foto Teca
2º Premio – Pisotones
3º Premio – Citania Interiorismo
FEBREIRO
Reunión da Xunta Directiva na que se aprobou:
A realización da V FEIRA DA PRIMAVERA os dias 21, 22 e 23 de marzo.
A contratación dun seguro de Responsabilidade Civil para o noso local.
A celebración da Asamblea Xeral para o 11 de Abril.
Reunión na sede da Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira con outras asociacións empresariais: AXOBER, ATACARMA, Empresarios de Mazaricos, Dumbría, Val do Dubra e Comarca Costa da Morte.
Tratáronse temas como a falta de financiación das entidades bancarias, subida de
impostos e taxas (locais e estatais), incremento no custe dos servizos,…
MARZO
Celebración da V FEIRA DA PRIMAVERA
Reunión da Mesa Local de Comercio
Celebración da IV RUTA DE TAPAS (con 14 locais participantes) e II RUTA DO
CÓCTEL ( com 8 locais participantes).
2ª Reunión de asociacións empresariais na sede da Asociación Comarca
de Soneira na que se fixaron propostas e actuacións a problemática descrita.
ABRIL
Reunión da Xunta Directiva
Celebración da Asamblea Xeral na que se fai entrega dos Premios da:
IV RUTA DE TAPAS
1º Premio Bar Pardiñeiro
2º Premio Cafetería Trastámara
3º Premio A Taberna do Meu Compadre
II RUTA DO CÓCTEL
1º Premio Pecados e Maná
2º Premio A Taberna do Meu Compadre
3º Premio Pub Giulietta
Tamén se fai entrega dos Diplomas do Curso de Carretilleiro.
3ª Reunión de Asociacións Empresariais, membros de Neria e entidades
asociadas á FECOM, convocada pola nosa asociación e celebrada no Centro de
Cultura (como continuidade das duas celebradas anteriormente).
MAIO
Reunión da Xunta Directiva, onde se acorda:
Destinar 1.500 € para a CAMPAÑA DE VERÁN DE Promoción do Comercio,
que se repartirán en 3 premios de 500 €.
Celebrar a IV FEIRA MULTISECTORIAL os dias 5, 6 e 7 de setembro.
Proponse ao Concello que asuma a organización da mesma coa nosa
colaboración.
Apróbase a sinatura dun Convenio de Colaboración entre a nosa asociación e
o Concello de Santa Comba: subvención nominativa para o 2014 de 5.000 €
Convenio con Kva Kva para a colocación da Pantalla Informativa nas súas
instalacións.
Solicítase subvención a Consellería de Traballo.
Concesión dunha subvención da Deputación por importe de 1.500 para a
publicidade da EXPOXALLAS VERÁN-OUTLET
XUÑO
Asistencia a unha Xornada Informativa na Casa da Cultura de Vimianzo,
organizada pola FECOM, en torno a “Prestación por cese de actividade para os
traballadores autônomos”.
No mes de xullo celébrase a mesma xornada informativa na Vivenda Comunitaria en Santa Comba, coa asistencia de:
Rafael Granados (Presidente de Ata Galicia)
Alvaro Viqueira (Técnico Ata Galicia)
Pedro Sánchez (Mutua Universal)
AGOSTO
Reunión co Alcalde de Santa Comba para plantexarlle o noso malestar por mor de
que a IV FEIRA MULTISECTORIAL teña que pasar a ser unha Feira de Oportunidades, dado que dende a Dirección Xeral de Comercio advírtesenos de que nunha Feira Multisectorial non pode haber vendas directas.
SETEMBRO
Celebración EXPOXALLAS VERÁN-OUTLET
Curso de “Manexo Seguro de Carretas Elevadoras” (16 alumnos participantes).
Organizado pola CEC.
Reunión da Xunta Directiva, na que se acorda:
Facer unha única Feira ó ano, tras o resultado da Expoxallas Verán –
Outlet.
Destinar 3.000 € para a campana de Nadal 2014. As bases teñen que
ir depositadas ante notario.
Acórdase convocar unha reunión co sector do comercio.
O Concello de Santa Comba concede unha subvención nominativa de 5.000 €.
Asínase un convenio con Fórmula Hit, ABANCA, Auto Xallas, Infozone, Fórmula
Fun Xallas-Bergantiños, Ler Librerías.
Renóvanse convenios de colaboración con: Pablo Clima, Segur 10 Vixiancia,
Innovación e Desarrollo Ambiental, CIMESA, Breogán Formación.
Acordo de colaboración con COGAMI para a realización de prácticas dun Aux.
Administrativo na nosa entidade.
Adquisición da Loteria de Nadal por importe de 8.000€ e confección de
participacións de 5€ sen recargo. Lotería vendida: 7.000 €.
OUTUBRO
Colocación dun Panel Informativo no polígono.
Runión da Xunta Directiva, na que se aproba a renovación da mesma.
José Novo López pasa a ser Vicepresidente
Teresa Castro Rodríguez pasa a ser Tesoureira
Acórdase solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a realización
dunha nova páxina web.
Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria:
Elección de novo Presidente
Cúbrense as baixas do Vicepresidente – D. Manuel Arufe Rieiro – e a do
vocal D. Javier García Barbeira, coa incorporación de D. Manuel E. Pose Blanco e D.
Juan Vázquez Arosa.
Apróbase a modificación de 2 artigos dos estatutos.
Presentación do portal COMPRANACOSTA.COM na sede da FECOM en BAIO.
NOVEMBRO
Presentación nas nosas oficinas do PLAN ACTIVAMOS asinado entre ABANCA e a
Deputación de A Coruña.
DECEMBRO
Reunión na Casa da Cultura de Vimianzo .Presentación da plataforma BUSINESS
NEAR (Ferramenta de Negocios na exterior) promovida pola FECOM.
Sorteo nas nosas oficinas de 30 CESTAS DE NADAL.
VIII Concurso de Escaparates Nadal 2014, en colaboración co Concello.