RESUMO ANUAL DE ACTUACIÓNS 2015
RESUMO DE ACTUACIÓNS 2015
XANEIRO 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- 2º Sorteo da CAMPAÑA DE NADAL 2014: 2.000 Euros en VALES DE COMPRA.
- Entrega de premios do VIII CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2014 en colaboración co Concello de Santa Comba:
- 1º Premio: Foto Teca
- 2º Premio: Electrodomésticos Milar Sampedro
- 3º Premio: Inés Castro Floristas
- Reunión da Xunta Directiva coa alcaldesa María Pose para trasladarlle o malestar do sector do comercio coa luminaria led e propoñerlle a súa colaboración na promoción do noso concello no Camiño de Santiago.
- Rexistro da Asociación Costavales
- Adaptación dos nosos estatutos a Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación.
- Sintatura dun Convenio de Colaboración con “Seguros Manuel Vieto” e con CEPSA CARD, S.A.
FEBREIRO 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- Notificación da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria do inicio do Expediente Sancionador en relación á celebración da V Feira da Primavera (2014). Presentación de alegacións.
- CEA SOLIDARIA a favor de CÁRITAS PARROQUIAL DE SANTA COMBA
- A Deputación Provincial concédenos unha subvención para a nova páxina web da nosa entidade.
- Presentación de “Axudas para o Comercio” por parte da empresa ABERTAL NETWORKS e sintura dun convenio.
- Convenio coa “Correduría de Seguros ZONA JURÍDICA”.
MARZO 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- Celebración da VI FEIRA DA PRIMAVERA os días 20,21 e 22 de marzo.
- Celebración da Mesa Local de Comercio.
- Aprobase a realización da Memoria Anual en formato dixital.
- Sinatura dun convenio con ALQUILERES RENEYMNAR.
ABRIL 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- Celebración da V RUTA DE TAPAS
- Celebración da ASAMBLEA XERAL e entrega de premios os establecementos gañadores da V Ruta de Tapas:
- 1º Premio: Cafetería – Supermercado A NOSA VILA
- 2º Premio: Restaurante TIO PACO
- 3º Premio: HOTEL XALLAS
- Na Asamblea tamén se fai entrega dos diplomas do CURSO DE CARRETILLEIRO.
- Reunión da Xunta Directiva coa candidata do Partido Popular ás eleccións Municipais.
MAIO 2015
- Reunión da Xunta Directiva.
- Aprobase a realización e difusión entre os asociados de 1.000 Cuadernillos que recolla tódolos convenios que ten asinados a nosa entidade.
- Inicio do CURSO DE ESCAPARATISMO E VISUAL MERCHANDISING (40 horas) concedido pola Confederación de Empresarios da Coruña.
- Firma dun convenio de colaboración con “LA CAIXA”.
XUÑO 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- Renovación do convenio con ABANCA.
- Aprobase a realización da CAMPAÑA DE VERÁN de promoción do comercio na que se repartirán 1500 Costavales, repartidos en 15 premios de 100 Cv.
- Firma dun convenio de colaboración coa avogada Dona María Luisa Arosa, coa empresa SEGURAVE, S.L. e coa ASOCIACIÓN TOUDA.
- Convocatoria dirixida aos nosos socios sobre a posta en marcha da Asociación Costavales e charlas informativas no Edificio Multisuos sobre o funcionamento desta moeda local complementaria.
- Creación dunha páxina web para a Asociación Costavales.
XULLO 2015
- Reunión da Xunta Directiva co Alcalde Don José Antonio Ucha Velo, e os concelleiros Don Miguel Caamaño e Dona Isabel Gesto Gesto onde lle expoñemos a nosa vontade de colaborar con Concello en todo tipo de iniciativas relacionadas coa promoción do Comercio Local.
- Aprobase o total apoio da nosa entidade a convocatoria dunha protesta e peche de negocios en apoio ó Sector Lácteo.
SETEMBRO 2015
- Reunión da Xunta Directiva
- Apróbase interpoñer un Recurso Administrativo de Alzada perante a Consellería de Economía, Emprego e Industria contra o expediente sancionador por mor da VI FEIRA DA PRIMAVERA.
- Presentación oficial da Asociación Costavales no Edificio Multiusos, coa presenza de Xoán Ramón Doldán García (Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela) e Manuel Casal Lodeiro (Experto en moedas complementarias).
- Aprobase configurar a CAMPAÑA DE NADAL co sorteo de 2.000 Costavales repartidos en 20 premios de 100 Costavales e 50 Cestas de Nadal.
- Apróbase a adquisición da Lotería de Nadal por importe de 8.000 euros e a confección de participacións de 5 €uros sen recargo.
- Posta en marcha da Web de Costavales e da nova web de AES.
- Sorteo dos premios da Campaña de Verán no Colexio Barrié de la Maza cos nenos de Infantil.
OUTUBRO 2015
- Curso de MANEXO SEGURO DE CARRETAS ELEVADORAS (10 Horas) concedido pola CEC, dirixido a traballadores por conta allea, propia e desempregados (18 alumnos).
NOVEMBRO
- Reunión da Xunta Directiva
- Celebración de BLACK FRIDAY, para promociona-lo comercio local.
DECEMBRO
- Reunión da Xunta Directiva
- Acórdase solicitar a subvención da Deputación Provincial para financiar a publicidade dos eventos que realicemos ao longo do 2016.
- 1º Sorteo da Campaña de Nadal: Sorteo de 50 Cestas.
- IX CONCURSO DE ESCAPARATES en colaboración co Concello de Santa Comba.