RESUMO DE ACTUACIÓNS 2017
RESUMO DE ACTUACIÓNS 2017
XANEIRO
-
Campaña de Nadal 2016. Sorteo de 1.000 Costavales repartidos en 10 premios de 100 Costavales, realizado na nosa sede o 9 de xaneiro.
-
Entrega de premios do X CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL 2016, organizado conxuntamente co Concello de Santa Comba.
-
1º Premio: FOTO TECA
-
2º Premio: A LANDRA TENDA DEGUSTACIÓN
-
3º Premio: LOIS RENTING
PARTICIPANTES: Calzados Marcapel, Pisotones, Optica Xallas, Deportes Amarelle, SC Selección, Pekenos, Lois Renting, Reggina Zapatos e Complementos, Deportes Alvite, Farmacia Central, Noivas Sole Mouro, Milar Sampedro, Foto Teca , Ler Librerias, e A Landra Tenda Degustación.
FEBREIRO
-
Reunión da Xunta Directiva na que se acorda organizar un xantar en recoñecemento a D. José Manuel Arufe Rieiro, pola súa traxectoria empresarial e por formar parte da Xunta Directiva da nosa entidade, como vogal e como Vicepresidente. Sumáronse a esta iniciativa o Concello de Santa Comba recoñecendo a súa loboura como Alcalde e o Xallas Fútbol Clube, por ser membro da Directiva e xogador.
-
Tamén se acorda que, dada a imposibilidade de que a nosa entidade organice a FEIRA DA PRIMAVERA, que sexa a ASOCIACIÓN COSTAVALES quén asuma dita organización.
MARZO
-
Xantar en recoñecemento a D. José Manuel Arufe Rieiro, que se celebrou no Restaurante Casa Aurelio o 4 de Marzo.
-
FEIRA DA PRIMAVERA: que se celebrou os días 24, 25 e 26 de Marzo no Recinto Feiral; organizada pola Asociación Costavales en colaboración coa Asociación de Empresarios e o Concello de Santa Comba. Participaron arredor de 80 expositores de diferentes sectores, na súa maioría locais.
-
Reunión da da Xunta Directiva
-
Reunión no Concello coa Alcaldesa Dona María Pose e co Alcalde de Val do Dubra, Don Antonio Negreira, para tratar o proxecto de recuperación do Camiño de Santiago por Portomouro, ó seu paso por Santa Comba ata Fisterra. Acórdase comezar coa fase de documentación.
MAIO
-
Reunión da Xunta Directiva na que se acorda a Baixa Temporal da Confederación de Empresarios da Coruña, dado que dende fai dous anos non nos ofertan formación subvencionada para os socios e dada a alta cota de socio que lle supón a nosa entidade.
-
Celebración da VII RUTA DE TAPAS que tivo lugar do 12 ao 21 de maio.
LOCAIS PARTICIPANTES: A Landra Tenda Degustación, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Rafael, Cafetería Talladas, Hotel Xallas, Restaurante O Novo Salgueiro e Restaurante Tio Paco.
PATROCINADORES: AutoXallas, Deportes Alvite, Milar Sampedro, Euronics Santa Comba, Joyería Romar, Clinica Dental José Manuel Pose e Restaurante Tio Paco.
-
Celebración do II CONCURSO DA TORTILLA que tivo lugar do 8 ao 11 de xuño.
-
Celebración da ASAMBLEA XERAL que tivo lugar o 25 de maio no Edificio Multiusos; ao remate da mesma entregáronse os premios da VII Ruta de Tapas e II Concurso da Tortilla.
-
VII RUTA DE TAPAS
1º Premio: CAFETERÍA TALLADAS
2º Premio: RESTAURANTE O NOVO SALGUEIRO
3º Premio: RESTAURANTE TIO PACO
II CONCURSO DA TORTILLA
Premio a mellor tortilla: RESTAURANTE TIO PACO
-
Sinatura co Concello de Cabana para a cesión do Tren Turistico que recorrería as rúas da vila para promocionar a Campaña de Verán “Santa Comba Móvese”.
XUÑO
-
Reunión da Xunta Directiva
-
CAMPAÑA DE VERÁN “Santa Comba Movese” que tivo lugar os días 23 e 24 de xuño. Coa finalidade de dinamizar o comercio e a hostelería locais leváronse a cabo actividades de animación como inchables e talleres para nenos na Praza do Campo da Feira, Charanga nos locais de hostelería participantes e Tren Turístico polas rúas da vila. Participaron 38 locais do sector do comercio e hostelería ofertando descontos e agasallos.
PATROCINADORES: Pisotones, Marcapel, Milar Sampedro, Joyería Romar, Fontanería Gesto, Espaher, Euronics Santa Comba, Deportes Amarelle, A Nosa Vila, Seromavi e Arco Iris.
-
Reunión no Concello para solicitar a modificación da Ordenanza de Venda Ambulante.
-
Reunión na nosa sede con Dona BLANCA RUZO, con motivo da celebración do Día Mundial do Doador de Sangue que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. En dito acto o Conselleiro de Sanidade entregou distintivos a entidades e particulares; entre eles, á nosa veciña polo seu compromiso como voluntaria nos últimos vintecatro anos.
XULLO
-
Reunión da Xunta Directiva.
-
Sinatura dun convenio de colaboración con PSI TERAPIA E FORMACIÓN en virtude do cal os nosos asociados poderán beneficiarse dun desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” .
-
Reunión co historiador D. MANUEL VILAR ALVAREZ para solicitarlle a elaboración dun informe sobre a relación do Concello de Santa Comba cos camiños da peregrinación.
-
Renovación do cargo de vocal da Xunta Directiva na figura de CRISTINA PEREIRA ROMERO, cubrindo o cese de Don José Bermúdez.
AGOSTO
-
Renovación do convenio de colaboración con ABANCA co obxectivo de que os empresarios asociados gocen de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financieira e de incentivar o investimento e a constitución de empresas.
SETEMBRO
-
Segunda etapa da Campaña de Verán 2017 “Santa Comba Móvese” celebrada os días 1 e 2 de setembro.
-
Concesión dunha subvención nominativa do CONCELLO DE SANTA COMBA por importe de 2.000 €uros
-
Reunión da Xunta Directiva na que se acorda a aprobación do presuposto do proxecto “a posible relación de Santa Comba cos camiños da peregrinación e proposta de actuación”, elaborado polo historiador D. Manuel Vilar Alvarez, por importe de 1.100 €uros.
Solicítase a colaboración nestre proxecto aos Concellos de Santa Comba, Val do Dubra e Zas.
-
Trasládaselle ao Concello a intención dun socio da Calle Lugo de ceder un solar para aparcamento, dado que pensamos que hai que solucionar este problema dada a afluencia de usuarios dos locais comerciais, Centro Médico, Notaría e Pabellón Municipal.
OUTUBRO
-
Reunión da Xunta Directiva na que se acorda sortear un GRANDE ESCAPARATE DE PREMIOS para a Campaña de Nadal, con produtos cedidos polos socios.
-
Sinatura dun convenio de colaboración co diario dixital QUE PASA NA COSTA, en virtude do cal os nosos asociados terán un desconto do 20 % nas Campañas Publicitarias Comerciais e no Patrocinio do exclusivo seguemento ao Fútbol da Costa.
NOVEMBRO
-
Sinatura dun convenio de colaboración con AGAFAN (ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILAIS NUMEROSAS) en virtude do cal as familias numerosas asociadas á AGAFAN terán dereito da descontos directos nas empresas adheridas como colaboradoras (20 empresas locais).
-
BLACK FRIDAY celebrado o 17 e 18 de novembro. Participaron un total de 31 establecementos, con descontos, agasallos, sorteos,.., cun horario de 10.00 a 22:00 horas.
DECEMBRO
-
Reunión da Xunta Directiva
-
Concesión dunha Subvención da Deputación Provincial da Coruña por importe de 2,561,14 €uros, para actividades de promoción económica.
-
CAMPAÑA DE NADAL 2017 co lema “No Nadal elixe o comercio local”. Sorteo dun GRANDE ESCAPARATE valorado en 3.000 €uros, con produtos cedidos por 54 empresas asociadas. O número premiado foi o 49.037, repartido pola empresa FRANCISCO FERROL, e o gañador foi un veciño de Baio.
Patrocinadores da Campaña de Nadal: Deportes Amarelle, Novo Campo Plantenes, Euronics, Pekenos, Pisotones, Comercial Rodriguez, Cenor, Joyería Romar, PSI Terapia e Formación, Espaher, Limpiezas Lavac, A Botica do Xallas, Baleato Ocasión, Restaurante Tio Paco e Cafetería Rafael.
-
XI CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL 2016: organizado polo Concello de Santa Comba en colaboración coa nosa entidade.
Establecementos participantes: Pisotones, Óptica Xallas, Deportes Amarelle, Infozone Ordenadores, Agarimo Flor, Citania Interiorismo, Deportes Alvite, Noivas Sole Mouro, Eva Color, Farmacia Del Río, Ortopedia del Río e Calzados Marcapel
-
LOTERÍA DE NADAL: a Asociación de Empresarios vendeu 8.000,00 €uros de Lotería de Nadal en participacións de 5Euros, sen recargo, xogando a dous números: 04.249 – 87.405.