Reunión coa Federación Galega de Comercio

Reunión da Federación Galega de Comercio e a Asociación de Empresarios de Santa Comba.
Este martes, 1 de febreiro, o Presidente da nosa entidade, Alberto Romar, mantivo unha xuntanza co Presidente da Federación Galega de Comercio D. José M. Seijas, o Secretario D. Luis Fernández e técnicos desta Federación.
A xuntanza xirou sobre a futura adhesión da nosa Asociación á Federación Galega de Comercio, proxectos de ámbolos dous entes, inciativas formativas en relación ao mundo online, campañas de promoción do comercio…
Agradecemos aos integrantes da Federación Galega de Comercio que se desprazasen desde Lugo ata Santa Comba para manter esta xuntanza.