Sábados de feirón, Santa Comba é a túa elección
O vindeiro sábado día 3 de xullo, a partir das 16:30 ata as 17:30h. esperámoste nos exteriores da Casa do Pozo, para disfrutar do show de maxia a cargo do gran mago Charly Braun.
E de 18:30 a 19:30h. Masterclass de Zumba na Praza de Santa Comba (enfrente á Casa de Cultura).
Para asistir aos eventos debes reservar a túa praza por whatsapp nos contactos do cartel, adxuntando nome, apelidos, dni e un teléfono de contacto.
Se non poidestes facer a túa reserva, podes asistir sempre e cando o aforo non esté completo.
Agardámoste o sábado 3 de xullo para disfrutar da mellor feira da contorna, pulpeiras, hostalería, comercio local, show de maxia e zumba.
Sábados de Feirón, Santa Comba é a túa elección.