Santa Comba en cores 2.0

Despois de analizar a enquisa enviada a semana pasada polas redes sociais, descubrimos as temáticas que plasmaremos nesta segunda edición de Santa Comba en Cores, proxecto por medio do cal pretendemos embelecer 6 muros e unha fachada do noso Municipio.

Os encargados de levar a cabo este proxecto, que tan boas críticas obtuvo na primeira edición, serán 3 artistas da empresa Vella Escola.

Nesta segunda edición, intentaremos conseguir 7.000 euros por medio das doazóns de particulares, empresas e outros entes.

Se queres colaborar con este proxecto, poderás facer a túa doazón no número de conta do carteliño indicando o teu nome e apelidos ou o nome da túa empresa ou ente.
Ao finalizar a execución do proxecto, que se levará a cabo no mes de xullo, realizaremos un video de agradecemento no cal mencionaremos a tódolos colaboradores.

Tamén poderás achegarte ás oficinas da Asociación de empresarios de Santa Comba, ubicadas na Rúa Pontevedra, de luns a venres en horario de 9:30 a 15:00 ou chamando aos contactos do carteliño.

Cada día subiremos unha nova cos fondos que imos conseguindo.

Anímate a colaborar.

Asociación de empresario de Santa Comba.

Santa Comba en cores