Santa Comba en cores 2.0
1 min read
Concurso de pintura no Barrié de la Maza, Nuestra Señora Inmaculada e Pepe Xan Baña.
Como ben sabedes, ao longo do mes de xullo, embeleceremos 6 murais e unha fachada de Santa Comba, con diferentes temáticas que parten da enquisa publicada ,dende a Asociación de empresarios, hai un mes e medio.
Un dos murais, será decorado polo gañador do concurso realizado nestos tres centros educativos do noso Municipio, no cal participaron preto de 100 nenas e nenos de Santa Comba de 5º e 6º de Primaria.
O profesorado de cada un dos centros, elexiu a un finalista do seu colexio e a empresa Vella Escola decidirá nas vindeiras xornadas quen é o gañador ou gañadora, atendendo a criterios estéticos e creativos.
A temática proposta pola asociación de empresarios de Santa Comba foi “ Os Mundos fantásticos”, e velaquí presentamos aos tres finalistas.
- Sofía Sande Antelo
6º de Primaria – Ceip Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada. - Saray Recarey Lema
5º Primaria- Ceip Pepe Xan Baña - Luis Blanco Agulleiro
6º Primaria- Ceip Plurilingüe Barrié de la Maza
A gañadora ou gañador, plasmará a súa obra de arte no mural ubicado na Rúa Lugo, a mediados do mes de xullo.
Agradecementos aos equipos directivos de cada un dos centros educativos, profesorado e a tódolos participantes




