No mes de xullo voltaremos co proxecto Santa Comba en Cores 2.0, por medio do cal, intentaremos conseguir 7.000 euros para embelecer 6 muros do núcleo e 1 fachada.
Para esta edición contaremos con 3 artistas da empresa Vella Escola e queremos saber a vosa opinión para concretalas temáticas que plasmaremos nesos murais.
A continuación adxuntamos unha enquisa para que nos comentedes as temáticas que vos gustarían.
O enlace estará activo ata o vindeiro martes día 24 de maio ás 11:30, para posteriomente comezar co sistema de doazóns.
Enquisa