Seguros M Vieito

Imos coñecer mellor a outro dos nosos asociados; hoxe é o turno de M. Vieito.

Seguros M. Vieito naceu no ano 1996 cando Manolo Vieito e Marisol Vilar decidiron abrir unha oficina dedicada á axencia de seguros. Comezaron a súa andadura no número 12 da Rúa Miraflores como axencia exclusiva de Ocaso, para co tempo mudarse á actual oficina sita no 3 da Rúa Ferradura, como axencia de Generali.

Levan, polo tanto, 27 anos dedicándose ao asesoramento integral de seguros para empresas e particulares.

Durante todos estes anos a axencia foi evolucionando e medrando, contando na actualidade con varias axencias con presencia noutras localidades e formando parte da empresa, actualmente, un equipo de 6 traballadores.

Desde Seguros M. Vieito ofrecen un asesoramento integral en todo tipo se seguros (autos, fogar, pemes, agro, accidentes, saúde, responasabilidade civil, vida, inversión, decesos, etc) para dar unha axeitada oferta a cada un dos seus clientes, aos que, desde aquí queren agradecer a confianza depositada neles ao longo de todos estes anos.