STC Cross Training
Como cada xoves, é día de coñecer un pouco mellor a un dos nosos socios e hoxe falamos dunha empresa que, pese a levar pouco tempo en funcionamento, xa conta cunha gran familia dentro do noso concello.
Falamos de 𝐒𝐓𝐂 𝐂𝐫𝐨𝐬𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐧𝐢𝐧𝐠, que levan abertos desde abril do 2021.
Ó fronte desta empresa atopamos a dúas mulleres emprendedoras, Belén e Natalia, que ademais son as encargadas de impartir as clases.
Contan con un amplo horario, tanto de mañá coma de tarde para poder adaptarse ás necesidades de cada un e tamén con dúas zonas de adestramento, unha para as clases dirixidas e outra para o adestramento libre.
Actualmente, imparten clases de 𝑐𝑟𝑜𝑠𝑠 𝑡𝑟𝑎𝑖𝑛𝑖𝑛𝑔 para todos os niveis e idades e proximamente, comezarán a impartir clases de pilates.
A duración das clases é de unha hora, e dispoñen de vestiarios para o uso de todos os socios.
Se tes curiosidade e estás pensando en poñer un pouco de movemento e deporte na túa vida, anímate a probar! A proba de actividade é sen compromiso e gratuíta, ó igual que a matrícula.
O seu obxectivo é que a xente disfrute e o pase ben ao mesmo tempo que fai deporte, o que se ve reflexado no bo ambiente nas clases, e en que ó longo destes dous anos e medio, STC xa conte cunha “pequena gran familia”.