Talladas Gastrobar
Hoxe falamos de Talladas Gastrobar, empresa do noso pobo que acaba de celebrar o seu 20 aniversario! Que se di pronto pero sí, o Talladas leva desde o 2003 alegrándonos o paladar cos seus pratos.
Local acolledor e de trato familiar cunha extensa carta na que poderemos atopar dende comida rápida e prato do día ata as máis suculentas e apetitosas carnes, todo cociñado nos seus fogóns con mimo e agarimo.
Durante estes 20 anos non pararon de medrar e de innovar, ata tal punto que contan con páxina web, www.talladas.es, para que poidas realizar os teus pedidos tanto para recoller no local, como para que cho leven á casa porque cabe mencionar que son pioneiros na nosa comarca en ofrecer servicio a domicilio.
Outra das súas últimas novidades é o servicio de catering, no que se encargarán de todo o necesario para que poidas celebrar o teu evento ou reunión ali onde desexes. Ti busca a excusa, o día e o lugar, e eles encárganse de todo o demais para que ti só penses en disfrutar.
Podes botar un ollo na súa web www.talladaseventos.es e pedirlles orzamento sen compromiso, explícalles o que queres e dende Talladas farano realidade.
Non hai mellor publicidade que a súa clientela fixa, que durante estas dúas décadas nunca deixou de visitalos e forma parte da familia Talladas.
O seu único obxectivo, e á vez a súa maior recompensa, e volver a ver de novo aos seus clientes.
Previous
Next