Talleres Bermudez

Queremos seguir agradecendo a confianza dos nosos asociados e darvos a coñecer un pouquiño máis sobre eles.

Hoxe metémonos de cheo no sector da automoción para falarvos de Talleres Bermúdez.

Nace no ano 1988, grazas ó enorme esforzo e capacidade de traballo do seu fundador, José Bermúdez.

Por aquel entón podíamos atopalos na Avda. Brasil, xa que non foi ata o 1995 cando se trasladaron ó 61 da Avda. de Santiago, onde os atopamos actualmente. Alí construíron as primeiras instalacións ocupando un local de 600 metros cadrados, que no 2022 ampliaron cun novo taller anexo á construcción anterior cunha superficie de 1600 metros cadrados na planta superior e un soto de 500 metros, no que dispoñen dun almacén no que contan cun gran número de referencias de neumáticos de primeiras marcas.

Cun total de 2700 metros cadrados, Talleres Bermúdez dispón da máis moderna maquinaria e equipamento para ofrecer sempre o mellor servizo ós seus clientes.

Os seus inicios centráronse na profesionalización do servizo de cambio de neumáticos para todo tipo de vehículos. A súa experiencia e formación permítenlles acompañar e aconsellar ao cliente na elección do mellor produto para o seu vehículo. Dispoñen dun equipamento de marcas punteiras e calidade recoñecida que xunto coa experiencia do seu equipo, permítenlles realizar un traballo perfecto para os seus clientes.

Contan coas últimas máquinas do mercado, como destalonadoras, máquinas de montaxe automático e equilibradoras láser. Unha das súas últimas incorporacións é un equipo de alineado e equilibrado por láser, que permiten unha precisión milimétrica neste tipo de axustes, tan importantes para a boa condución e a circulación dos nosos vehículos.

Na parte mecánica contan con diversa maquinaria, como carga de aire acondicionado, cambio de aceite de caixas automáticas, tres máquinas de diagnose para averías electrónicas, osciloscopio, banco de probas pre-itv e diagnose de gases de escape entre outras.

O seu equipo humano conta coa formación e a experiencia necesaria para realizar tódolos traballos de mantemento e reparación de vehículos coa máxima calidade e seguridade.

Na actualidade, a competencia en liña fai que o seu tipo de negocio se vexa lixeiramente afectado, pero a fidelidade dos seus clientes, a calidade de traballo e o seu respeto e atención, fan que poidan seguir desfrutando do seu negocio.

De cara ao futuro, dende Talleres Bermúdez, seguirán realizando os seus traballos coa mellor calidade para seguir mantendo a confianza dos seus clientes.