VENRES NEGRO EN SANTA COMBA

O próximo xoves, venres e sábado celebramos o Venres Negro en Santa Comba, con grandes descontos e promocións nos 34 establecementos participantes.

Entrando na web www.comerciodesantacomba.com podes ver todas as empresas participantes e a oferta que realizará cada unha deles durante eses 3 días, así como consultar as bases da campaña.

Ademais de beneficiarte de incribles descontos, con cada compra recibirás unha papeleta gratuíta para entrar no sorteo de 10 vales de compra por importe de 20€ cada un, que poderás canxear nas empresas asociadas antes de que remate o ano.

O sorteo realizarase o mércores 29 de novembro.

Agardámoste o xoves, venres e sábado en Santa Comba, aposta polo comercio local!