Venres negro
2 min read
O xoves, venres e sábado, 25 – 26 e 27 de novembro, a Asociación de empresarios de Santa Comba, organiza o venres negro, con numerosos descontos en 34 empresas asociadas que poderás consultar en:
- Mercando nos comercios do carteliño, optarás a un dos 6 vales, por importe de 400 euros, que sortearemos en directo (nas redes sociais do noso ente), o martes día 30 ás 13:00.
Merca en Santa Comba
BASES VENRES NEGRO 2021
A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza o VENRES NEGRO para os días 25, 26 e 27 de novembro de 2021, coa finalidade de incentivar as compras no comercio e hostalería asociada neses días de referencia.- Poderán participar tódolas empresas asociadas á Asociación de Empresarios de Santa Comba.
- A organización fará entrega a cada local participante de papeletas, globos vermellos e negros para colocar na fachada ou no escaparate, cartel identificativo e vinilo para instalar no escaparate.
- Cada local participante deberá dispoñer dunha urna de cartón ou similar na cal se introducirán as papeletas co nome, apelidos e teléfono de contacto dos clientes.
- O luns 29 de novembro a organización recollerá tódalas papeletas de cada un dos establecementos participantes.
- Sortearanse 6 vales de compra por importe total de 400€ repartidos en 2 vales de compra de 100€ cada un e 4 vales de compra de 50€ cada un.
- O martes 30 de novembro ás 12:00 h. realizarase o sorteo en directo dende as redes sociais da Asociación.
- A organización contactará con cada un dos 6 premiados na semana do 1 ao 3 de decembro de 2021.
- Os premiados recollerán os seus vales na oficina da Asociación sita na Rúa Pontevedra nº 9 entrechán de luns a venres de 09:30 a 15:00 h. antes do 10 de decembro de 2021.
- Os vales de compra só poderán canxearse nas empresas participantes no Venres Negro. O último día para canxear os vales de compra é o 31 de decembro de 2021.
- Non poderán participar os titulares nin empregados nas papeletas do seu establecemento, pero sí o poderán facer no resto de empresas participantes no Venres Negro.
- No caso de que o premiado cun vale de compra sexa menor de idade, deberá de vir acompañado polo seu titor legal para recoller o premio.
- A organización fará unha publicación nas redes sociais cando se acuda a recoller o premio.
- comerciodesantacomba.com As empresas participantes deberán de enviarnos as 3 ofertas ou descontos máis chamativos do seu comercio, a á seguinte dirección de correo electrónico correo@empresariosdesantacomba.com ou por WhatsApp ao 633181817, adxuntando fotos, descripción e porcentaxe de desconto para colgar na web indicada para este evento. Tamén poden ofertar un desconto xenérico para tódolos produtos.
- IMPORTANTE: A data límite para enviar os descontos, xunto coas fotos é o mércores 17 de novembro.
- A participación no Venres Negro supón a aceptación destas bases.