Videoclip de Don Patricio en Santa Comba
Durante a xornada de hoxe e mañá, Don Patricio gravará un videoclip ,para o seu novo álbum, en Santa Comba.
A iniciativa parte do convenio realizado hai preto de un ano co noso asociado e director de contidos audiovisuais, Juan Barbazán.
As contornas elexidas son Guisande, Freixeiro, Ser e Esmerode.
Por medio deste convenio, a Asociación de empresarios de Santa Comba facilita ubicacións, persoal para a organización, figurantes e outros elementos.
Grazas a esta serie de convenios, conseguimos atraer a Santa Comba a un grupo de 40 persoas que consumirán na hostelería e comercio locais e promocionamos o noso Municipio.
O videoclip será a canción do verán e sairá á luz en 2 meses.
Asociación de empresarios de Santa Comba.