Xestoría Pose
Aparcamos por un momento os Namorados e o Entroido para darvos a coñecer un pouco máis dun dos nosos asociados.
É para todos importante, tanto empresas como particulares, a tranquilidade dunha boa xestión administrativa, de ahí a gran importancia no noso día a día das empresas do sector que hoxe tocamos.
A Xestoría Pose conta cunha antigüidade de case 40 anos, dos cales levan máis de 20 formando parte da nosa asociación. Iniciaron a súa andadura no ano 1984, sendo unha das pioneiras en Santa Comba no seu sector.
Desde os seus comezos, adicáronse a ofrecer servizos profesionais de Xestoría Administrativa en todos os ámbitos que esta profesión engloba: trámites ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, Axencia Tributaria Estatal e Autonómica, Instituto Nacional da Seguridade Social, Transportes, Tráfico, Xunta de Galicia, etc tanto para empresas como para particulares; así como a actividade de axentes de seguros.
En Xestoría Pose encontraredes o mellor asesoramento profesional para todas as vosas consultas fiscais e contables. Grazas á súa dilatada experiencia, dispoñen dos coñecementos necesarios para prestar asesoramento e apoio ós seus clientes nos diferentes trámites coa administración.
O trato familiar e personalizado permítenlles unha fidelización das diferentes xeracións de clientes dende o inicio da súa traxectoria, polo que a confianza depositada neles polos seus clientes é a súa mellor carta de presentación.