XIV Concurso de Escaparates de Nadal

🎄🎄 XIV CONCURSO ESCAPARATES DE NADAL 🎅🎅

A Asociación de Empresarios xunto ao Concello de Santa Comba, organizan o XIV Concurso de Escaparates de Nadal.
A inscrición realizarase nos contactos da Asociación de Empresarios en horario de mañá e do Omix Santa Comba en horario de tarde (adxuntos no carteliño), dende o 7 ata o 23 de decembro.
Para esta edición contaremos cun xurado profesional de luxo formado por tres Xalleiros:
•Cristina Durán Arufe : Licenciada en belas artes
•Caty López Negreira : Arquitecta de interiores
•Javier Campos Vázquez: Estudio superior de Interiores.
Os tres escaparates escollidos polo xurado profesional obterán vales de compra, por importe de 450 , 300 e 150 euros, para consumir no comercio local , e contaremos cun premio “Especial Redes Sociais” por importe de 100 euros para consumir nos comercios do Concello de Santa Comba.
Podes consultar as bases na web: www.santacomba.es
Anímate a participar!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *