Xornada de formación sobre os licores galegos

A asociación de empresarios de Santa Comba, en colaboración coa empresa asociada Landvinum, organiza unha xornada sobre os licores galegos.

A formación será exclusiva e gratuíta para empresas asociadas de tódolos sectores, celebrándose o vindeiro martes día 11 de outubro, en horario de 16:00 a 19:00 nas instalacións da Cafetería San Rafael.

Entre as temáticas expostas, trataremos sobre a destilación, elaboración de licores e detalles administrativos.

Inscríbete nos contactos do carteliño.

Esperámoste