A Asociación de empresarios de Santa Comba, en colaboración coa Asociación In-nae, a Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu e Concello, organiza unhas xornadas de defensa persoal os mércores 2 e 9 de marzo de 20:45 a 21:45 no Recinto do Obradoira ( zona de atrás do recinto feiral de Santa Comba).
As clases serán gratuítas dando preferencia a socios da Asociación de empresarios e contando con prazas limitadas.
No caso de gustar, estudiaremos a posibilidade de realizar máis xornadas neste 2022.
O encargado de impartir as clases será o xalleiro Sebastián Pazos.
As persoas interesadas deberán de mandar o seu nome e apelidos por WhatsApp ao seguinte contacto: 618856411 ( Alberto- Presidente da Asociación de empresarios).
Para a participación nas xornadas deberase de portar máscara , unha botella de
auga e roupa cómoda.