Un ano máis as festas aproxímanse e o Concello de Santa Comba organiza e convoca o XVII Concurso de Decoración de Nadal coa colaboración da Asociación de Empresarios, co obxectivo de fomentar a ornamentación e embelecemento do noso Concello durante estas datas que producen alegría e un ambiente especial, facendo partícipes da imaxe de Santa Comba a empresas e veciños.
Como novidade este ano abrimos o concurso a particulares.
Deste xeito poderán participar vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, das que se valorará únicamente a decoración visible desde a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).
E non nos olvidemos dos escaparates de comercios e empresas en xeral que participan como ven sendo habitual.
Inscrición gratuita desde as 10:00h. do día seguinte á publicación das bases ata as 13:00h. do luns 11 de decembro do 2023, nas oficinas da Asociación de Empresarios ou no Edificio Multiusos.
Repartiremos 1.200€ en premios, así que anímate a participar!!!
Consulta as bases en www.empresariosdesantacomba.com ou www.santacomba.es